Plan de formación do concurso de traslados

11 de novembro de 2016

Publicado na intranet xudicial.

Como consecuencia da resolución do concurso de traslados de 2016 do persoal dos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, producirase un importante movemento de persoal nos distintos órganos da Administración de Xustiza en Galicia, non só de persoas procedentes doutras comunidades autónomas, senón tamén cambios de destino dentro da Administración de xustiza de Galicia.

Coa fin de que este persoal reciba a formación máis axeitada para o posto de traballo no que se vai incorporar, e logo de analizar a información relativa aos postos de orixe e destino, está prevista unha formación diferenciada segundo:

  1. O destino obtido no concurso de traslados: cada persoa recibirá, como mínimo, a formación nos aspectos específicos asociados ao seu novo posto de traballo.
  2. A orixe dos funcionarios que se trasladan: a formación que se dispense ás persoas procedentes doutras Comunidades Autónomas conterá ademais dos aspectos específicos do seu posto, os organizativos e relativos ás aplicacións de apoio existentes na Administración de Xustiza en Galicia.

A todos os funcionarios que se trasladen, segundo se incorporen aos seus postos, se lles asignará un titor que lles asesorará e guiará na consulta dos materiais formativos dispoñibles na Intranet de Xustiza e, ademais, resolverá as súas dúbidas nas sesións de titorías que se levarán a cabo semanalmente.

Programaranse sesión formativas a través de videoconferencia para os usuarios con maiores necesidades formativas para o desempeño do novo posto. O calendario destas actividades e os aspectos relacionados coa inscrición das mesmas serán comunicados previamente a través da Intranet de Xustiza.