MODIFICACIÓN da adxudicación de substitucións entre titulares Publicación 01, 02 e 05 de decembro de 2016

15 de decembro de 2016

Publicado na intranet

Producida a desocupación de diversos postos susceptibles de cobertura mediante substitución entre titulares, e non existindo candidatos/as nas respectivas unidades, ou non sendo posible a súa cobertura por persoal do órgano, procedeuse á publicación das prazas na intranet xudicial durante os días 01, 02 e 05 decembro.

Logo da revisión das peticións recibidas nesta Dirección Xeral, e debido á renuncia á realización da substitución dunha das persoas adxudicatarias, acórdase nova resolución coa data de efectos indicada en favor das adxudicatarias segundo o anexo adxunto



De conformidade coa Lei 15/1999 de 13 de Decembro, omítense os datos de carácter persoal