Esiximos a inmediata reparación da claraboia do edificio da Parda (Pontevedra)

14 de febreiro de 2017

"escrito remitido ao xefe territorial de Pontevedra"



Dende Alternativas na Xustiza-CUT (AXG-CUT) en numerosas ocasións denunciamos a falta de mantemento no edificio Xudicial da Parda, arquivos xudiciais, temperatura, etc....

Recentemente, como consecuencia do temporal Kurt, denunciamos a entrada de auga polas ventás de varios xulgados e os desperfectos ocasionados sobre o mobiliario e os documentos como consecuencia da falta de estanquidade das ventás.

Se ben é certo que tras a denuncia a Delegación enviou ao persoal de mantemento para solucionar o problema das ventás dos xulgados afectados, agora solicitamos que de maneira inmediata se solucione o problema coa claraboia do edificio, xa que está rota, o que afectou ao arquivo do Xulgado de Instrución 1 tendo que sacar a documentación do recinto e cubrir o resto con plásticos, colocando a citada documentación no Xulgado en caixas, tal como se pode observar nas fotos adxuntas.


En Pontevedra a 10 de febrero de 2017.

Alternativas na Xustiza-CUT
Pontevedra