AXG-CUT reúnese con todos os partidos políticos para buscar fórmulas de traballo en común, co fin de evitar amortizacións nos registros civís e peches de Xulgados de Paz

24 de marzo de 2017

Ante o novo texto da Lei 20/2011 do Rexistro Civil AXG-CUT reuniuse cos partidos para expresarlle os “nosos temores”( afastamento xustiza cidadáns, desaparición Xulgados de Paz, amortización cadros persoal…)
Entre os días 14 e 16 de marzo reunímonos co PP- En Marea- PSOE- BNG

Reunión Partido Popular (con Paula Prado):
O Partido Popular está convencido de que a Xunta de Galicia, “a pesares de que é certo que por Lei só están obrigados a crear unha única Oficina de Rexistro Civil en toda Galicia”, na súa opinión a Xunta deixará todo como está.
Con respecto a desaparición de Xulgados de Paz, ao deixar de ser éstes Delegados do Rexistro Civil, afirma que é posible que se pechen xulgados de Paz pero que os cidadáns poderán presentar nos Concellos a documentación para que éste a xestione.
No que se refire a nosa reivindicación de recuperación da competencia da instrución dos expedientes de nacionalidade, deu a “calada” por despista.
Sobre os riscos da xestión dos datos con publicidade restrinxida, tanto nos documentos escaneados(1950-2010) como nos que están en libros (1870-1950), responde que “non ten dúbida que a Xunta de Galicia investirá o diñeiro necesario”.
Temos a sensación que o grupo do PP non ten coñecemento do que está a suceder con LEXNET e o PAPEL “0”.
Sobre a nosa reivindicación de que a instrución dos actos sobre Xurisdición Voluntaria relacionados co estado civil das persoas (a excepción dos expedientes de adopción) sexan exclusividade dos Rexistros Civís, co fin de que se poida realizar en unidade de acto o expediente de Xurisdición Voluntaria e a inscrición correspondente, tampouco dixo nada.
Aos Gastos por traslado dos cidadáns, e en Xestores Administrativos, como consecuencia da perda das funcións de rexistro nos xulgados de paz, para realizar as Fes de Vida, Expedientes de matrimonio, Xura nacionalidade, cambio de nome, recoñecemento filiación; tampouco nada dixo.

En Marea  (Luis Villares):
O Portavoz do grupo mostrouse dende o primeiro momento da reunión en total desacordo co texto da Lei 20/2011 e da modificación presentada polo Ministro Catalá.  O grupo parlamentario  considera que tanto a Lei 20/2011 como a modificación son máis perigosas polo que non din que polo que din:
Para En Marea é imprescindible o mantemento e incluso a potenciación da Xustiza de Paz,
Entenden que se abre a porta ao peche de Xulgados de Paz, e con elo un afastamento da Xustiza dos cidadáns.
Entrada de Xestores Administrativos, que teñen acordos co Ministerio de Xustiza, para realizar xestións en nome dos cidadáns e polas que cobrarán.
Coinciden con AXG-CUT en que a seguridade dos datos non está asegurada coa actual xestión que leva a cabo a Xunta de Galicia.
Están completamente a favor da informatización,  pero que isto non pode ser óbice para que en Galicia, onde existe unha poboación envellecida, con moitas eivas nas comunicacións, cunha orografía moi complicada e distancias importantes, os Xulgados de Paz manteñan as funcións delegadas de Rexistro Civil.

PSOE (Patricia Vilán):
O partido Socialista mostrou a súa preocupación polas modificacións presentadas polo Ministro de Xustiza á Lei 20/2011.
Eles consideran que os xulgados de paz cumpren unha función moi importante nas vilas e facilitan as xestións dos cidadáns coa Administración de Xustiza, evitando así longos desprazamentos ás cidades.
Creen que para que entre en vigor esta Lei é imprescindible que o Goberno da Xunta de Galicia presente unha memoria económica. Xa que só o investimento na informatización real do Rexistro Civil ten un custo moi elevado. Só o escaneo dos libros de 1950 a 2010 costou en todo o estado máis de 128.000.000 m/€.

BNG (Xosé Luis Bará):
Comprometeuse en darlle traslado á Executiva do BNG das nosas reivindicacións,  pero xa adiantou que o apoio do grupo parlamentario  é total, xa que entenden que calquera alonxamento da Xustiza é un erro.

CONCLUSIÓNS:

O Partido Popular, como xa fixo na época de Gallardón intenta transmitir que non existe ningunha intención privatizadora no Proxecto de modificación da Lei 20/201,  presentado por Catalá. Pero non é menos certo que o único argumento utilizado é o “dogma de fe”, pois coa lei na man a Xunta de Galicia ten a única obriga de manter unha única oficina de Rexistro Civil en toda  Galicia, e de maneira opcional crear UNHA oficina máis por cada 500.000 habitantes.

Dos actuais 45 rexistros civís que existen nos partidos xudiciais e dos 272 xulgados de paz, dos que 72 están servidos por funcionarios de xustiza e o resto por persoal do Concello, NON EXISTE GARANTÍA DE QUE SE MANTEÑAN, sobre todo se temos en conta que os Xulgados de paz perderán a función delegada de rexistro civil NUNHA SEGUNDA FASE.

A sensación que sacamos das reunións  é que, ante o fracaso do anterior intento de privatización do Rexistro Civil, o Goberno pretende que entre en vigor a Lei sen modificar nada para evitar MOBILIZACIÓNS como a vez anterior e unha vez que entre en vigor, pechar xulgados de maneira progresiva. Ninguén debe esquecer que actualmente está en pleno desenrolo un plan de amortización de 106 prazas nos xulgados en Galicia, entre as que están decenas de prazas en Xulgados de Paz.

Ocultan,  pois,  os efectos negativos que provocará o texto, por canto alonxa o rexistro civil do cidadán, obrigandoo a realizar longos desplazamentos e gastos innecesarios, elimina de facto a gratuidade do rexistro civil,  privilexando aos xestores administrativos, e pon en perigo os datos con publicidade restrinxida.

Por outra banda,  congratulámonos que tanto En Marea, como PSOE e BNG coincidiron que xunto con este sindicato AXG-CUT, e todo aquel que queira opoñerse aos efectos negativos desta Lei, debemos buscar nos próximos días fórmulas de traballo que involucren de maneira directa aos Alcaldes dos Concellos, con independencia do signo político ao que pertenzan, pola  repercusión negativa que terá sobre os cidadáns, se a Lei entra en vigor.

Porque preguntámonos, que alcalde vai a permitir o peche do xulgado de Paz con independenza da súa cor política?