Esta fin de semana, cambio de hora, na madrugada do dia 26

24 de marzo de 2017

O próximo día 26 de marzo ás dúas da madrugada deberemos adiantar unha hora os reloxos ata as tres da madrugada.
En cumprimento do previsto no artigo 2 do Real Decreto 236/2002, do 1 de marzo, o comezo do período da hora de verán terá lugar ás dúas horas da madrugada (á unha hora da madrugada en Canarias) Nese momento a hora oficial española adiantarase sesenta minutos, polo que ese día terá unha duración oficial de vinte e tres horas.