AXG-CUT esixe a instalación de dobres pantallas nos Xulgados de Ourense igual que o resto de provincias

26 de abril de 2017

"escrito presentado en man ao Subdirector de medios da DXX"

Dende o primeiro momento a aposta polo papel “0” e por Lexnet por parte da Dirección Xeral de Xustiza deixou moito que desexar, de feito, o máis reseñable ata agora é o aumento do gasto en papel, tóner a conta da Administración, problemas no envío dos documentos e a inexistencia do expediente dixital.

O seguinte despropósito, segundo fontes oficiosas, terá lugar na Provincia de Ourense e en particular nos xulgados de Primeira Instancia de Ourense. A Subdirección de Medios Técnicos pretende discriminar aos traballador@s Ourensáns con respecto aos traballador@s doutras provincia implantando un dobre visor en lugar de instalar dobre pantalla como existe nas outras provincias.

A esa discriminación temos que engadir a repercusión no día a día na vista sobre traballador@s que pasan máis de 7 horas/diarias diante do ordenador e nun futuro.

Dende ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT solicitamos a participación de maneira activa de todos os Sindicatos para lograr

Non queremos deixar pasar a ocasión para solicitar que a formación que se imparta sobre o traballo coa dobre pantalla sexa presencial e non telemática, xa que as experiencias anteriores foron un fracaso.

Os traballadores e ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT esiximos a instalación de dobres pantallas, igual que o resto de provincias e outras administracións e non permitiremos que nin a Dirección Xeral de Xustiza nin a Subdirección de Medios Materias implante o dobre visor en lugar da dobre pantalla.

Con respecto a petición da formación Presencial, nunha provincia onde o propio Xefe Territorial foi formador informático presencial e defensor deste sistema, non é en absoluto desatinada.

En Ourense a 26 Abril de 2017

Nuria Fornos Fdez

Responsable de Organización de AXG-CUT