Froito da insistencia e traballo de Alternativas na Xustiza-CUT, o Xulgado de Paz de Mugardos terá nova sede xudicial

11 de abril de 2017







Como xa informaramos o pasado mes de decembro, Alternativas na Xustiza-CUT tras varias reunións, escritos e conversacións telefónicas coa alcaldesa de Mugardos (Pilar Díaz), ésta puxo a disposición de Xustiza o local municipal sito na rúa Eduardo Pondal (imaxe da dereita) para recolocar nel o Xulgado de Paz e solucionar os problemas de accesibilidade da actual sede (imaxe da esquerda).

Comprometeuse de inmediato, a dar traslado á Dirección Xeral de Xustiza e Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

Catro meses despois, podemos dicir que despois do verán o Xulgado de Paz de Mugardos cambiará de sede, cumprindo así coa normativa de accesibilidad aos edificios públicos da persoas minusválidas ou con mobilidade reducida. (despois de case 30 anos).

Ligazón para ler a noticia completa "la voz de galicia"