Alternativas na Xustiza-CUT esixe ao Director Xeral diten as instrucións para as prolongacións de xornada reducida de verán

8 de maio de 2017

"escrito remitido ao Director Xeral de Xustiza"

Con anterioridade a que comece a xornada reducida de verán (16 de xuño) é imprescindible, para evitar malas interpretacións e sobre todo evitar que a Administración obrigue os traballadores a realizar máis horas de traballo da legais, que esa Dirección Xeral remita, a todos aqueles xulgados onde se realizan prolongacións de xornada, as instrucións por escrito de como realizar el horario a maiores con respecto o resto do persoal.

Para facer as instrucións sobre as prolongacións se deben ter en conta varías cousas:

Que a prolongación da xornada, tanto en inverno como en verán, consiste en traballar 10 horas/mes máis que o resto dos traballadores, salvo os que teñan horarios especiais.

Que na xornada de inverno os traballadores temos que realizar 37.5 horas a semana, con media hora de libre disposición.

Que na xornada de verán os traballadores temos que realizar 32.5 horas semanais, sen media hora de libre disposición.

Por todo o antes exposto nas instrucións que se envíen os xulgados e as Delegacións territoriais deben deixar moi claro o seguinte:

Que os traballadores dos xulgados que realicen prolongacións de xornada TERAN QUE REALIZAR 10 HORAS/MES MÁIS QUE O RESTO DOS TRABALLADORES (32.5 semanais+10 mensuais), e NUNCA as (37.5 horas+10mensuais).

Obrigar os traballadores que realizan prolongacións de xornada a realizar unha medía de 8 horas diarias provocaría unha discriminación brutal entre una funcionarios e outros:

Mentres o funcionarios que realizamos a xornada ordinaria traballamos 6.5 o día de medía, os funcionarios que fan prolongacións de xornada fan 8 horas de medía.

Galicia, 05 de maio de 2017.

Asdo. Pablo Valeiras Rios 
Voceiro de Alternativas na Xustiza