Alternativas na Xustiza-CUT esixe a participación dos traballadores na implantación do proxecto piloto da Nova Oficina Xudicial (NOX)

5 de maio de 2017

"escrito remitido ao Director Xeral de Xustiza"

Somos conscientes que a esa Dirección Xeral de Xustiza gústalle vender aos medios de comunicación ata a colocación dunha porta nova nun edificio xudicial. Pero o que parece descoñecer vostede é que todo aquilo que afecta as condicións de laborais aos traballadores debe negociarse cos Sindicatos, como representantes deles.


O mesmo día que o Xefe Territorial de Ourense informou a todos os Sindicatos da intención da Xunta de Galicia de por en funcionamento en Ourense unha experiencia piloto da Nova Oficina Xudicial remitiu aos medios de comunicación a seguinte información:

“Everis, la empresa encargada de desarrollar el proyecto, empezará la próxima semana con los estudios preliminares sobre el diseño de la organización de la nueva oficina judicial. Lo primero que harán, según la delegación en Ourense de la Xunta, es un análisis y un diagnóstico de la situación actual”

“El presidente de la Audiencia provincial de Ourense, el juez decano, la secretaria coordinadora, el letrado del servicio común de notificaciones y el letrado del decanato darán su opinión a los encargados de realizar el estudio sobre el nuevo modelo.”

Como primeiro, recordarlle que calquera intento de implantación da nova oficina xudicial de costas aos traballadores será un fracaso absoluto e será denunciada por AXG-CUT. 

En liña co anterior, con indepenza de que estamos en contra da utilización dunha empresa externa a Admón., consideramos que a presenza dos Sindicatos, como representantes dos traballadores, debemos ser consultados, ao igual que o Presidente da Audiencia Provincial, letrados varios…….. porque é evidente que si alguén pode explicar as fórmulas de traballo, os problemas informáticos, etc, somos os traballadores. 

Non queremos rematar sen repetir algunhas das esixencias de AXG-CUT na implantación da NOX: 

Non haberá ningún tipo de amortización de cadro de persoal
• Nos Servizos Comúns que se creen é imprescindible que as RPT´s conteñan a diferenciación dos postos de traballo por secciones e/ou equipos.
Reserva de 100% dos postos de traballo das Unidades Administrativas para ser cubertas por traballadores da Administración de Xustiza en exclusiva.
• Descrición detallada nas Rpt´s das tarefas a realizar en cada un dos postos de traballo que se creen.
• No existirán postos de libre designación.
• Garantía de que ningún funcionario o funcionaria sufrirá perda nas súas retribucións actuais por todos os conceptos durante o proceso de acoplamento á nova oficina xudicial (gardas, penosidade, etc.)
• A asignación de postos de traballo con horarios especiais será sempre con carácter voluntario.
Cobro do 100% das substitución Verticais (Soldo e complementos).
• A Xunta debe presentar un proxecto de formación para os funcionarios/as.
• Debese realizar por parte da Xunta unha avaliación de riscos nos edificios xudiciais e, en concreto, de riscos psicosociais.
• Negociación dos Protocolos de Actuación cos Sindicatos.
• Creación dunha Comisión de Seguimento do despregue da Nova Oficina Xudicial en cada partido Xudicial afectado pola reforma. Nesta Comisión deben estar representados os Sindicatos.
Traslado ós Sindicatos do proxecto, con prazos, orzamento, etc., das obras a realizar nas distintas sedes xudiciais con motivo da implantación da NOJ.

Asdo. Nuria Fornos Fernandez 
Responsable de Organización de AXG-CUT

Alternativas na Xustiza-CUT

Alternativas na Xustiza-CUT