AXG-CUT denuncia irregularidades na concesión de prolongacións de xornada (Fiscalía A Coruña)

10 de maio de 2017

"escrito remitido á Subdirectora Xeral de Xustiza"

Dirixímonos a vostede, porque a pesares de que as prolongacións de xornada e reforzos os asina o Director Xeral, segundo temos entendido e vostede como Subdirectora que decide cos “seus asesores persoais”, que non sempre están dentro da Admón., onde se nomean e por inacción a quen se nomea.

Nestas últimas semanas, a través de varios traballadores, tivemos coñecemento de que se concederon catro prolongacións de xornada en Fiscalía da Coruña, dúas na Fiscalía provincial e outras dúas en Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Como diciamos antes, a petición dalgún responsable das Fiscalías, vostede decidiu, quen non asinar, aceptar as prolongacións solicitadas. Pero o que non fixo, como tampouco noutras ocasións, e preocuparse se esas prolongacións se ofertaron entre todos os traballadores da Fiscalía da Coruña.

Ademais de conceder as prolongacións de xornada vostede, como responsable de persoal, debe velar para que todos os traballadores teñan posibilidade de acceder en condicións de igualdade a esas prolongacións e así evitar nomeamentos por “encuchufe”, “a dedo”.

Que sepamos ningún responsable de ningún órgano xudicial ten o titulo de mediador e de empresa de traballo temporal e moito menos un “poder divino” para escoller a quen asume as prolongacións.

Dende xa, ESIXIMOS que exerza de Subdirectora Xeral de Xustiza e impida que co diñeiro de todos se decida por uns poucos, que outros poucos sexan nomeados para facer as prolongacións de maneira opaca.

Para iso é imprescindible que esa Subdirección vele para que todos os traballadores podan acceder a esas prolongacións en igualdade de condicións.

A Coruña, 04 de maio de 2017.

Responsable de acción sindical de Alternativas na Xustiza-CUT 
Javier Fernández Castro

Alternativas na Xustiza-CUT