AXG-CUT solicita negociar a "renuncia forzosa" á flexibilización horaria en Decanatos e Oficinas de Rexistro

22 de mayo de 2017

"escrito remitido á Dirección Xeral de Xustiza"

Establece a Orde 18 de Xuño de 2014 sobre horarios e calendario laboral das oficinas da Administración de Xustiza en Galicia, que o horario de atención ao público e profesionais será con carácter xeral de 09.00 a 14.00 horas, aínda que no caso das oficinas de rexistro e repartición, decanatos e oficinas de xulgados e tribunais que conserven a función de recepción e rexistro de escritos, o horario ampliarase ata as 15.00 horas, de luns a venres, e cumprir así co disposto no artigo 135.1 da Lei 1/2000 do 07 de xaneiro, de Axuizamento Civil.

Da mesma maneira preceptúa a orde, que nestas unidades organizásense quendas que garanta a permanencia ata as 15.00 horas dos funcionarios precisos para realizar as funcións de recepción e rexistro de escritos. É necesario recordar que na gran maioría das oficinas de repartición e rexistro, así como dos Decanatos das pequenas localidades, os traballadores non teñen sequera a posibilidade de realizar quendas.

Coa creación das quendas se garante o cumprimento do disposto na Lei de Axuizamento Civil para a presentación de escritos pero de maneira flagrante se discrimina a uns traballadores con respecto a outros. Os traballadores dos Decanatos, especialmente nas pequenas localidades, non poden ningún día do ano flexibilizar o seu horario.

É no verán cando a discriminación alcanza niveis surrealistas pois se lle priva a estes traballadores do dereito para gozar da xornada intensiva de verán (16 de xuño ata o 15 de setembro, ambos inclusive) e a xornada reducida de ámbito local durante cinco días (horario de 09.00 a 14.00 horas). En ambos casos se lles priva do dereito para conciliar a vida persoal, laboral e familiar.

Nas localidades pequenas, durante as vacacións do traballador destinado no Decanato, o problema estendese ao resto de compañeiros do Xulgado pois ante a falta de persoal moitas veces asumen “por imposición” o traballo do Decanato e con elo o problema do horario de saída.

Entendemos perfectamente que se garanta a presentación de escritos ata as 15.00 horas, pero de ningún modo compartimos que sexa a “custo cero” para a Dirección Xeral de Xustiza e a costa dos traballadores.

Dende AXG-CUT consideramos que a estes traballadores se lles debe compensar “a renuncia non voluntaria” á flexibilización horaria, que si teñen o resto de compañeiros, pagando un complemento de penosidade ao traballador que asuma o horario.

Dende Alternativas na Xustiza-CUT, SOLICITAMOS se inclúa como punto na convocatoria da seguinte mesa sectorial, a presente petición, co fin de negociar o complemento salarial (penosidade) que se debe establecer pola prestación do servizo nas Oficinas de repartición e rexistro, así como nos Decanatos.

Galicia, 16 de maio de 2017.

Responsable de acción sindical de alternativas na xustiza-CUT 
Javier Fernández Castro

Alternativas na Xustiza-CUT