Alternativas na Xustiza-CUT esixe nova mesa técnica ante os cambios "NON NEGOCIADOS"no terceiro borrador da bolsa de interinos

23 de xuño de 2017


No día de onte ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT presentou escrito dirixido ao Director Xeral de Xustiza no que solicita a convocatoria dunha nova MESA TÉCNICA para tratar as novas modificacións introducidas dun xeito unilateral pola DXX no terceiro borrador da bolsa de interinos.

 Este borrador en absoluto coincide co negociado, tendo una repercusión absoluta sobre todos os traballadores implicados.

Cando comezamos  a negociación da normativa que regulará a futura bolsa de traballo dos funcionarios interinos de Galicia, tanto a Administración como os propios Sindicatos consideramos que a fórmula máis adecuada para afrontar unha negociación que afectará a centos de traballadores e a miles que solicitarán a inclusión na bolsa, que o primeiro paso era negociar a bolsa en Mesas Técnicas de traballo.

Ao longo destes meses presentáronse pola Dirección Xeral dous borradores da normativa e celebráronse dúas Mesas Técnicas (onde se recolleron varias das alegacións: aumento de puntuación da antigüidade, dos exames, dos cursos de galego; control de chamamentos urxentes, etc) e quedaban pendentes de negociación dous puntos que para ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT eran e seguen sendo fundamentais para unha verdadeira valoración de méritos:

- valoración da antigüidade desde o ano 1992 ( data da primeira bolsa regulada), facendo prácticamente imposible alcanzar os 30 puntos.
- valoración de todos os cursos que están en vigor con independencia do límte dos 5 anos.

A semana pasada,  a Dirección Xeral que vostede representa, presentou un terceiro borrador que en absoluto coincide co negociado cos sindicatos para levar a unha futura mesa sectorial para a súa aprobación definitiva.

Este terceiro borrador non recolle no seu artigo 7 nada do negociado, senón que impón un novo texto que nada ten que ver cos presentados anteriormente, e que de aprobarse así, significaría unha FRAUDE ABSOLUTA de todo o negociado tendo unha repercusión absoluta sobre todos os traballadores:

Coa nova redacción do artigo 7 crearíase una MEGA BOLSA DE TRABALLO (posto que se acumulan as porcentaxes das actuais bolsas de reserva e traballo). A isto hai que engadir que coa modificación do artigo 21.6 que amplía de 180 a 360 os días mínimos garantidos de traballo antes de pasar ao final da Mega bolsa, provocará que:

- Durante o PRIMEIRO ANO E MEDIO APROXIMADAMENTE BLOQUEARÁ A BOLSA, traballando únicamente os primeiros postos da bolsa.

- Unha vez transcorran 360 días traballados, será prácticamente imposible que volvan a facelo, posto que ademais de ter moitas máis persoas diante (nalgúns casos ata a metade máis), teerán que esperar a que pase o dobre do tempo para que "corra número".

A modo de exemplo- Cos números na man en Coruña a bolsa de Xestión Procesual pasaría de 36 a 54 na bolsa de traballo; en Tramitación Procesual pasaría de 77 a 118 traballadores na bolsa.

A profundidade dos cambios introducidos (sen previa negociación nas Mesas Técnicas) no borrador e que afectará de maneira directa a todos os traballadores converte en IMPERATIVO convocar unha nova Mesa Técnica para tratar as novas modificacións.

Por todo o exposto, solicitamos unha nova Mesa Técnica, que non Sectorial, para tratar as novas modificaciósn e para negociar o recoñecemento do ano 1992, primeira bolsa de interinos "regulada" así como o recoñecemento dos cursos que estean actualizados con independencia do ano en que se realizara.

Pablo Valeiras Ríos
Responsable de Alternativas na Xustiza-CUT

PRESENTACIÓN ESCRITO

ESCRITO DIRIXIDO AO DXX