Escrito protesta contra a creación dunha MEGA BOLSA de traballo (xuntando traballo e reserva) e solicitando a valoración da ANTIGÜIDADE dende o ANO 1992

20 de xuño de 2017

Ante as protestas que recibimos nestes días por parte de moitos funcionarios interinos contra a MEGA BOLSA que se pretende crear e o mantemento do ano 2004 como data para o cómputo da ANTIGÜIDADE nas bolsas na futura regulación da bolsa de interinos, poñemos á vosa disposición o seguinte escrito para enviar por fax á Dirección Xeral solicitando o cambio de ambas decisións:


____________________________________, con D.N.I. nº _____________ membro actualmente da bolsa de interinos en vigor no corpo de __________________, expoño:
1. Que dende hai meses, unha vez prorrogada a vixencia da actual normativa que regula os chamamentos de funcionarios interinos de Galicia, a Dirección Xeral de Xustiza e os sindicatos están a negociar a que vai ser a nova normativa que regulará os futuros chamamentos. A través dos sindicatos teño coñecemento dos distintos borradores presentados pola DXX, coas sucesivas modificacións. No derradeiro, xa que nos anteriores non aparecía, a DXX de maneira unilateral modificou o artigo 7, recollendo a posibilidade de crear unha “megabolsa” que recollería as mesmas porcentaxes que ata o de agora recollen a bolsa de traballo e reserva xuntas. 
2. A isto hai que engadir que o artigo 21.6 amplía de 180 a 360 os días mínimos garantidos de traballo antes de pasar ao final da “megabolsa”. Estas dúas medidas significan, “de facto”, que só van traballar os primeiros da bolsa, e tan só unha única vez, xa que ao pasar ao final da “megabolsa” as posibilidades de volver a traballar son practicamente nulas. Os do medio, e sobre todo os últimos, non traballarán nunca durante a vixencia da bolsa. 
3. Por se fose pouco, a novidade na baremación de puntos que establece o artigo 10.2º, polo tempo de servizos prestados, avanzando o seu cómputo dende o ano 1992 ata o 2004, fai practicamente imposible acadar o máximo posible de 30 puntos, o que é incoherente cun sistema de igualdade cos demais baremos a aplicar. Por todo isto solicito que se manteña o sistema actual, cunha bolsa de traballo e outra de reserva, e non esta “megabolsa” que beneficiará a uns poucos e prexudicará aos demais. 
En _______________ a ___ de_________ de 2017.

DIRECCION XERAL DE XUSTIZA. FAX: 981.546.222