AXG-CUT logra evitar a amortización dunha praza de Tramitación PA na Audiencia Provincial da Coruña

10 de julio de 2017

Alternativas na Xustiza-Cut logra por primeira vez evitar, tras os escritos e sobre todo a denuncia nos medios de comunicación a amortización dunha das prazas que aparecen no plan de amortización do ano 2013, en particular a praza de Tramitación da Sección 2ª da Audiencia Provincial da Coruña.

Ao conseguir que a Xunta publicara a praza en substitución vertical como praza vacante, logramos o recoñecemento da praza. 


Agora o seguinte paso será lograr en mesa sectorial, cuxa convocatoria solicitamos en escrito de data 31 de maio, que a Dirección Xeral de Xustiza revogue as amortizacións practicadas nas Audiencias Provincias de Galicia e paralice o resto, e en consecuencia que ditas prazas (vacantes) saian ofertadas non concurso de traslado.


ligazón escrito de 31 de maio

ligazón escrito 04 de xullo

ligazón denuncia nos medios de comunicación