AXG-CUT logra que nomeen un Letrado da Administración de Xustiza substituto, para o Xulgado mixto número 3 de Ponteareas

10 de julio de 2017

"escrito dirixido á Secretaria de Goberno do TSXG"

Queremos poñer no seu coñecemento, e sobre todo solicitar que vostede póña os medios necesario para pór solución ao problema que existe actualmente nos xulgados de Ponteareas.

Desde o pasado 23/6/17 a Letrada da Administración de Xustiza (LAX) do xulgado Mixto nº 3 de Ponteareas está en situación de incapacidade temporal. A previsión para o tratamento e posterior recuperación é de longa duración.


As Letradas dos xulgados nº 1 e nº 2 xa transmitiron ao Secretario Coordinador de Pontevedra a imposibilidade material de cubrir a praza da LAX do xulgado nº 3 ante as cargas de traballo dos seus propios xulgados.

Dende Alternativas na Xustiza-CUT non só coincidimos coas Letradas senón que demostraremos ao longo deste escrito que calquera decisión que non sexa nomear un substituto para o xulgado nº 3 tería unha repercusión directa sobre o servizo público da xustiza e polo tanto sobre os cidadáns;

 A propia normativa sobre a planificación anual das vacacións dos letrados da Administración de xustiza remitida polo propio Secretario Coordinador recolle as dotacións mínimas de Letrados por partidos xudiciais nos meses de:

xullo, 2 letrados
agosto, 1 letrado
setembro, 2 letrados.

 A partir do 7 de xullo, que é o mes no que se presentan por parte de avogados e procuradores moitos escritos e demandas (sobre todo porque agosto é inhábil en civil) a LAX do xulgado nº 2 ten concedidas as vacacións, quedando unha única letrada (mixto nº 1), situación que é á inversa nos meses de agosto e setembro, cando gozará de vacacións a LAX do xulgado nº 1.

 A única LAX que queda durante o mes de xullo será responsable do xulgado de Violencia de Xénero, do Decanato, do Rexistro Civil e das gardas dos 3 xulgados. Durante as vacacións da LAJ do xulgado nº 1 acontecerá á inversa.

 As cargas de traballo do partido xudicial de Ponteareas, especialmente en civil, son moi importantes.

 A data 1/07/2017 cada xulgado ten aproximadamente 400 demandas, das cales 100 son execucións.

 A data 1/07/2017 presentáronse máis de 8500 escritos no Decanato.

 A conta de consignacións do xulgado mixto nº 3 está parada desde hai máis de 10 días.

 En próximas datas deberán elaborar a estatística trimestral do xulgado nº 3.

 Se todo isto non fose suficiente temos que engadir que o obsoleto do material informático dos xulgados de Ponteareas provoca que só as Letradas poidan realizar as copias dos CD.

Por todo o antes exposto solicitamos que o máis axiña posible, sobre todo tendo en conta que o próximo día 7 de xullo a LAX do xulgado mixto nº 2 comeza as súas vacacións, nomee un substituto para o xulgado nº 3 de Ponteareas e evitar así a prexuízos sobre o Servizo Público da Xustiza e os cidadáns.

Vigo, 4 de xullo de 2017

 Asdo: Pablo Valeiras Ríos,
 responsable de Alternativas na Xustiza-CUT

Alternativas na Xustiza-CUT

Alternativas na Xustiza-CUT