Concurso de traslados 2017. Instancias: confección e presentación

7 de julio de 2017

Dentro da Resolución publicada pola DXX na base cuarta ven recollido o modelo e prazos de presentación de solicitudes

Lembrámosvos que todas as solicitudes deberán ser confeccionadas de forma telemática a través do asistente de inscrición (Ainoa). Unha vez confeccionada deberán presenta-lo  modelo de instancia no impreso definitivo xerado polo asistente informático, e non o borrador, xa que este non tería validez.


Para finalizar a solicitude, deberemos cubrir o "Municipio de firma de la instancia". A continuación no campo de "Dir General Gerencia Territorial" seleccionaremos a opción "OTRA". Os campos "Gerencia" e "Dirección" deberémolos cubrir co lugar ao que se dirixe a solicutde tal como se reolle na base cuarta do concurso: "Esta solicitude dirixirase á Dirección Xeral de Xustiza, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, e presentarase no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, situado no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela."

Ligazón Ainoa

Prazos de presentación de solicitudes

  • Inicio: 10 de xullo
  • Fin: 21 de xullo