FUNCIONARIOS INTERINOS. CONSEGUIMOS ELIMINAR A MEGABOLSA!!

11 de xullo de 2017

A presión exercida por Alternativas na Xustiza-Cut avalada por centos de escritos enviados polos funcionarios interinos obriga a Xunta a eliminar a megabolsa.

Unha vez máis se demostra que a unidade dos traballadores pode cambiar moitas cousas.

De todas formas para AXG-CUT isto só é un primeiro paso, pois hai tres puntos que consideramos básicos lograr:

■ Valoración antigüedade dende o ano 1992.
■ Valoración do galego coma nos concursos de traslado (4 ptos-8 ptos-12 ptos)
■ Valoración de todos os cursos que estén en vigor con independencia do límite de 5 anos.