Alternativas na Xustiza - CUT logra que se restauren os libros do rexistro civil de Pontedeume

8 de agosto de 2017


Despois de meses tentando atopar unha vía de solución para a restauración dos libros do rexistro civil de Pontedeume, Alternativas na Xustiza - CUT conseguiuno.

 A Dirección Xeral de Xustiza  procedeu á adxudicación á empresa CODICE da  restauración de 55 libros, que están en lamentable estado, para o próximo mes de setembro. Neste ano restauraranse 30 libros e os 25 restantes en 2018.

O valor histórico dos libros é incalculable ( os máis deteriorados remóntanse ao ano 1870) e son un alicerce básico na historia do municipio.


Sirva como exemplo  o estado no que se atopa algún dos libros:



E como quedarán despois da restauración: