Cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga)

17 de agosto de 2017

"publicado no DOG"

Publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga), que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

O prazo de presentación das solicitudes será:
* desde o 1 ata o 10 de setembro de 2017, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro).
* desde o 2 ata o 11 de xaneiro de 2018, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

Enlace ao DOG