Funcionarios de Violencia sobre a Muller de A Coruña vaticinan un agosto «caótico»

9 de agosto de 2017


"publicado en prensa"
 
O xulgado deixará de ter un xuíz titular durante un mes desde o luns que vén 

Apenas quedan cinco días para que o Xulgado de Violencia sobre a Muller colgue o cartel de «pechado por vacacións». Non será tecnicamente así, pois catro funcionarios continuarán traballando durante o resto de agosto.

 Non o fará o xuíz titular, que gozará dun mes de descanso, para o cal non se contratou substituto. E non se fará, pois xa se excedeu o orzamento correspondente para o devandito fin e o Ministerio de Xustiza négase a adiantar o diñeiro do 2018. Por tanto, os xuízos derivaranse ao Xulgado de Garda, cos consecuentes prexuízos para os traballadores e as vítimas de violencia machista.

«Esta situación vai provocar que se solapen as axendas de ambos os tribunais e que todos os procesos abertos sexan asumidos por un único xuíz», sinala Agustín Fernández Sobrino, tramitador procesual no Xulgado de Violencia sobre a Muller.

Este funcionario será un dos catro que terán que lidar cunha «situación insólita», xa que «ata agora sempre se cubriu o posto do maxistrado titular durante as súas vacacións». Só quedara vacante o cargo en días puntuais en que outro xuíz podía asumir as súas funcións sen maiores consecuencias.

Enlace á noticia completa