Aprobado RD no consello de ministros polo que crean 93 novos órganos judiciais, catro deles en Galicia.

13 de outubro de 2017

O Consello de Ministros, a proposta do Ministro de Xustiza, Rafael Catalá, aprobou na súa reunión deste venres, 13 de outubro de 2017, un Real Decreto polo que se crean un total de 93 novos xulgados, dos que catro corresponden á comunidade autónoma de Galicia.

O obxectivo é adecuar a planta xudicial ás necesidades existentes e garantir aos cidadáns a efectiva protección dos seus dereitos.

Estas catro novas prazas distribúense entre diferentes órganos xudiciais de primeira instancia  en Vigo (xulgado de Familia), Ourense e Ferrol e un xulgado do social en A Coruña.

Esta distribución xustifícase polas cargas de traballo en ambas as xurisdicións, así como para mellorar o tempo de resposta e reducir o número de asuntos pendentes en cada xulgado.

enlace BOE