Carta aberta ao conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda

17 de novembro de 2017

Alternativas na Xustiza-Cut


CARTA ABERTA A ALFONSO RUEDA

Os traballadores e traballadoras, xunto aos Sindicatos da Administración de Xustiza Galega estamos “asustados” de ver que, tras participar de maneira activa nas concentracións convocadas nas sete grandes cidades de Galicia, vostede, Vicepresidente da Comunidade Galega, manifesta sen "rubor" na Televisión de todos os galegos e galegas (tvg) que está aberto a negociar cos Sindicatos.

Cremos que un bo momento para aclararlle varias cousas:


A.- Persoal e sindicatos non estariamos na rúa onte nin en folga os próximos días 1 e 13 de decembro se realmente existira ese diálogo do que vostede fala. Ou vostede pensa que os traballadores e traballadoras somos tan irresponsables como para mobilizarnos se a Xunta quixera negociar, tal e como vostede di?.

B.- Que vostede fale da negociación de conceptos económicos, obviando os outros puntos reclamados (descontos IT, amortizacións, substitucións,, consolidación prazas) deixa ás claras que nunca tiveron intención de negociar NADA de NADA.

AS OOSS ESTAMOS DENUNCIANDO O DESMANTELAMENTO QUE VOSTEDE E O SEU GOBERNO ESTÁN A FACER DA XUSTIZA, E DEFENDENDO UN SERVIZO PÚBLICO ESENCIAL. OS RECORTES DO SEU GOBERNO ESTÁN A AFECTAR A TODA A CIDADANÍA, RETRASANDO OS TEMPOS DE RESPOSTA DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA EN GALICIA.

C.-A desinformación acerca das nosas reivindicacións "é unha demostración clara" de que o Director Xeral de Xustiza, Juan José Martín, e a Subdirectora Xeral, Dolores Madrid, non saben facer o seu traballo ou reciben ordes directas de vostede para que non se negocie NADA de NADA

D.- As declaracións do Director Xeral, Juan José Martín na Cadena Ser afirmando que dende o ano 2013 se crearon 125 prazas, que hai reivindicacións que son de ámbito estatal, etc ... (cousas ambas que non son certas) NON AXUDAN para que podamos abrir unha negociación seria.

E.- Os únicos responsables das asembleas, concentracións e mobilizacións que están tendo lugar, ao igual que das repercusións negativas que terá a folga sobre os cidadans son e serán a Xunta de Galicia e os seus altos cargos.

F.- Dende que está vostede de Conselleiro de Xustiza non foi quen de recibir nin presentarse á representación do persoal da Xustiza de Galicia. Se cadra é esa unha mostra clara do interese que ten o seu Goberno nesta Administración

Para finalizar, e para que lle quede moi claro, dicirlle que todas as nosas reivindicacións se basean na discriminación que sufrimos os traballadores e traballadoras galegas da Xustiza con respecto ao resto de traballadores e traballadoras da Xustiza do Estado.

Esperamos que a través desta carta quede máis claro cal é a orixe das nosas reivindicacións e, sobre todo, sirva para que vostede colla o touro polos cornos e poña os medios para iniciar unha negociación real.