Convocatoria OEP 2016: quenda libre XPA/TPA/AX

29 de novembro de 2017

Segundo a información facilitada polo Ministerio de Xustiza a convocatoria de OEP do ano 2016 (quenda libre) - xestión procesual e administrativa/tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial- será publicada no BOE mañá, día 30 de novembro.

Nas bases da convocatoria engádese un parágrafo:

" (...) poderase realizar a presentación en soporte papel no Rexistro Xeral do Ministerio de Xustiza, C/ Bolsa nº 8, 28071- Madrid, ou nos rexistros das Delegacións e Subdelegacións do Goberno da Administración Xeral do Estado, así como en calquera dos órganos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Excepcionalmente tamén se poderá utilizar esta vía cando resulte imposible a inscrición electrónica por razóns técnicas."