Funcións a facer en servizos mínimos

29 de novembro de 2017

As FUNCIÓNS A REALIZAR en  SERVIZOS MÍNIMOS os días de folga (1 e 13 de decembro) son as seguintes:

-  As que afecten /poidan afectar á liberdade das persoas, como é o caso das CAUSAS CON PRESO.
- Aquelas actuacións sometidas a prazo perentorio ou a un prazo cuxo incumprimento podia supor unha perda de dereitos ou un prexuizo de dereitos de carácter irreparable, medidas cautelares ou precautorias e registro de asuntos.
- Actuacións de rexistro civil.

As especiais circunstancias que poden concorrer nos xulgados e fiscalías, así como no IMELGA que actúan en servizo de garda, fan necesario que os mesmos teman a consideración de servizos esenciais.