A DXX suspende de xeito provisional a bolsa de horas

27 de decembro de 2017

"publicado na intranet"

Resolución do 27 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se suspenden provisionalmente as previsións contidas no artigo 10 da Resolución do 12 de febreiro de 2014

Suspéndense provisionalmente as previsións recollidas no artigo 10 da Resolución desta Dirección Xeral de Xustiza do 12 de febreiro de 2014, pola que se ditan instrucións relativas ao uso da tarxeta de identificación persoal, ao control do cumprimento da xornada e horarios de traballo e mais á tramitación das solicitudes de vacacións, permisos e licenzas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza.
Para acceder ao contido completo da resolución prema na ligazón.