OEP 2016: quenda interna (XPA/TPA).

4 de decembro de 2017


Según a información facilitada polo Ministerio, ten prevista a publicación da relación provisional de admitidos e excluidos ao proceso selectivo no mes de decembro, pero sen facilitar unha data concreta.
No caso de que a publicación sexa no mes de xaneiro, admitirase ao exame a todos os que presentaron a solicitude, sen prexuízo de que, os excluidos provisionalmente, deban emendar posteriormente ao exame a causa da exclusión.
As datas previstas de exame para Xestión procesual e administrativa serían, probablemente, na segunda quincena do mes de xaneiro de 2018, pois aínda está pendente de confirmar a dispoñibilidade de aulas en todas as sedes de exame.
As datas para Tramitación procesual e administrativa aínda non se saben pero serían tamén no mes de xaneiro.