Valoración do seguemento da folga do 1-D: "un día para non esquecer"

3 de decembro de 2017


Pasadas máis de 24 horas do masivo seguemento da folga é imprescindible facer unha valoración máis profunda do acontecido.

Valoración do seguemento folga do 1-D "un día para non esquecer"
Pasadas máis de 24 horas do masivo seguemento da folga é imprescindible facer unha valoración máis profunda do acontecido.

Comezar dicindo que o día de folga foi un día histórico ou o día da paralización d a Xustiza Galega sería certo, pero non estariamos máis q parafraseando o q xa recollen todos os medios de comunicación galegos.

Para os Sindicatos onte marcouse un punto e final ao desprezo de Alfonso Rueda cos traballadores da Xustiza Galega e sobre todo poñer coto á sua prepotencia.

Durante os días anteriores a Folga tanto él como o Director Xeral mentiron en todos os medios de comunicación cando decían que estaban dispostos a negociar, que se crearan 125 prazas nos últimos anos, que só queriamos diñeiro, etc...

Todas estas mentiras non fixeron máis que dar máis motivos aos traballador@s para participar na Folga do pasado día 1 de decembro.

O seguimento da folga, 95% en Vigo e Pontevedra, 90% Coruña e Ourense, 76% Ferrol e Compostela, 60% Lugo, deixa ás claras que os traballadores galegos NON IMOS PERMITIR A DISCRIMINACION NA XUSTIZA DE GALICIA.
Para o próximo día 13 de decembro debemos convencer aos poucos compañeiros aos que non fomos capaces de facerlles entender da importancia da protesta e das nosas reivindicacións para que participen de maneira activa. Debemos sumar, nunca restar.

Alfonso Rueda nunca podrá ignorar e mucho menos manter a sua actitude prepotente se todos estamos XUNTOS.

RUEDA ESCOITA, XUSTIZA ESTÁ EN LOITA


(ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT)

carta remitida por un funcionario de xustiza