25-X Santiago. Manifesto

25 de xaneiro de 2018

Ano 1863 a gran Rosalía, farta da discriminación contra os galegos escribía:

Aló van, malpocadiños,
todos de esperanzas cheos,
e volven, ¡ai!, sen ventura
cun caudal de desprezos.
Van probes e tornan probes,
van sans e tornan enfermos,
que anque eles son como rosas,
tratádelos coma negros.



O 25 de xaneiro de 2018, 155 anos despois, centos de galegos, fartos xa da discriminación sufrida, decidimos percorrer as rúas de Compostela para amosar o noso enoxo, para berrar XA ESTÁ BEN.... XA ESTAMOS FARTOS...

FARTOS de seguir de emigrantes por España adiante porque a Xunta non lle di ao Ministerio de Xustiza as prazas que hai vacantes na nosa terra para que llas ofreza aos galegos que están fóra. Non, o que fan é amortizalas ILEGALMENTE, sen autorización do Ministerio. Conselleiro de Xustiza, Sr. Rueda, ESTE DELITO NON VAI QUEDAR IMPUNE.

FARTOS de escoitar que OS FUNCIONARIOS GALEGOS COBRAMOS 2400 euros de media. Quen? Serán os seus altos cargos e asesores, postos a dedo por vostede, Sr. Feijoo, para que cobren máis de 4000 euros mensuais. Son eses, que teñen como mérito ser amigos seus, os que suben esa media. Non os funcionarios galegos. Os que temos unha oposición aprobada non cobramos iso nin de lonxe. Pero non lle debemos favores a ninguén…

Estamos FARTOS de ver como os compañeiros doutras CCAA cobran máis ca nós por facer o mesmo traballo, FARTOS de facer tarefas que non nos corresponden e logo non se nos pagan.

FARTOS de padecer unha enfemidade e sufrir descontos inda por riba. Desprézannos, culpabilízannos e fannos pagar por enfermar. Xuíces, fiscais, letrados de xustiza e compañeiros doutros territorios collen unha simple gripe e non lles descontan. Os funcionarios galegos, se nos poñemos enfemos, TEMOS QUE PAGALO.

XA ESTÁ BEN HOME, xa está ben!!!!

Acaso non lembrades cando Nuñez Feijoo un mes antes das eleccións dixo publicamente que non se podía pedir máis esforzos aos empregados públicos, tras o recorte da paga extra!!! O mes seguinte confiscounos durante 4 anos entre 10.000€ e 3.500€.


Non lembrades cando o Presidente todo ufano dicía que eramos a Galicia da Champion League e mentras a Xustiza Galega era discriminada con respecto ao resto do Estado

Este é o goberno da HIPOCRESÍA por unha parte recoñece que os empregados públicos contribuimos de XEITO NOTABLE E DIRECTO á recuperación económica e ao cumplimento do compromiso do gasto, soportando unha parte importante do esforzo de austeridade e mentres tanto Feijoo sube o seu soldo e os dos seus conselleiros un 7%, e aumenta o gasto en publicidade contra os incendios en máis dun 45%. E a pesar diso os montes seguen ardendo e os empregados públicos discriminados.

FARTOS, xa estamos FARTOS, queremos o que é noso, o que nos "roubastes", o q nos corresponde polo noso traballo. Non só por nós, tamén para poder atender aos cidadáns cunha Xustiza que funcione mellor, e para iso hai que encher as mesas de funcionarios, e tratarnos con DIGNIDADE!!!

E non imos pasar por menos, Sr. Feijoo e Sr. Rueda. Xa o dicía Rosalía de Castro, seguro que xa pensaba en vós cando escribía:

pois tan mal corazón tendes,
secos fillos do deserto,
que se amargo pan vos gañan,
dádesllo envolto en veneno