"A Xunta pretende que o público non funcione; é a súa política tamén en xustiza"

30 de enero de 2018


"publicado en Praza Pública" 

O persoal galego da Administración de Xustiza paralizou de novo os xulgados o pasado xoves e saíu masivamente á rúa en demanda de melloras que compensen a discriminación que din sufrir tanto no aspecto salarial coma nos seus dereitos laborais con respecto aos traballadores do resto do Estado. Cunha unidade laboral e sindical total -todas as centrais (SPJ-USO, AXG-CUT, UGT, CSIF, STAJ, CIG e CCOO) apoian as mobilizacións-, as negociacións que se mantiñan coa Xunta racharon hai máis dunha semana e a convocatoria de folga indefinida a partir do vindeiro 7 de febreiro segue vixente. Logo de días de silencio, o Goberno galego convocou o comité de folga para este mércores nun intento de chegar a un acordo que parece lonxe. Falamos con Pablo Valeiras, de Alternativas na Xustiza-CUT, voceiro da plataforma que xunta toda a representación sindical.



"Non somos comparables a outros traballadores do Estado porque fomos os únicos que sufrimos recortes durante catro anos"

"A única solución é a folga indefinida; a indignación dos traballadores coa actitude da Xunta é total"