A xunta quere outra xornada de folga

8 de xaneiro de 2018


A XUNTA MANTÉN A CONVOCATORIA DE FOLGA 

Coas ofertas presentadas pola Xunta de Galicia a folga na Xustiza Galega está un paso máis cerca.
Os 2.500 traballadores da Xustiza Galega estaremos o 25 de xaneiro en Compostela para esixir rematar coa discriminación na Xustiza Galega

CAT 
Coa esmola que nos ofrecen tardariamos máis de dez anos en recuperar o confiscado.
Ofertáronnos:
 - XESTIÓN: 59,00€
 - TRAMITACIÓN: 40,25€
 - AUXILIO: 31,36€

 OS SINDICATOS ESIXIMOS 400€ MENSUAIS. 

Para poder recuperar o que solo a nós nos “requisaron” durante catro anos.
Para poder estar no pelotón de cabeza das CCAA que máis pagan.
Para compensarnos do esforzo e do sacrificio de ter que acudir a folga.
Para que non voltemos o furgón de cola, en cuestión de meses, cando lles suban o resto de CCAA.

O COMITÉ DE FOLGA déixalle claro a DXX que a suba ten que ser LINEAL e con efectos desde 1 de xaneiro de 2018.

IT´S 
Seguen mantendo a discriminación co resto de traballadoras e traballadores da Administración de Xustiza noutras CCAA. O Director Xeral falou de cambiar a lexislación actual. Pero non foi quen de garantir que a nova regulación sería igual a traballadores do Ministerio de Xustiza, Aragón, Navarra, Canarias, Letrados Xudiciais, Maxistrados, Fiscais..... 

SUBSTITUCIÓNS 
Os Sindicatos e a Xunta de Galicia avanzamos na posibilidade de solución mediante un laudo arbitral, coa participación dun Catedrático de Dereito Administrativo da USC.  

REFORZOS 
Despois de anos esixindo un listado dos reforzos de Galicia a Xunta de Galicia presentou un listado. Os Sindicatos esiximos a consolidación de todas as prazas con máis de 3 anos de antigüidade. Hai discrepancias cos listados presentados pola Xunta de Galicia. 

AMORTIZACIÓNS 
Na reunión, despois de 3 anos, descubrimos a gran mentira; das 106 prazas do plan de amortización do 2012 imposto pola Xunta de Galicia, a Administración só conta coa autorización do Ministerio para amortizar 10 prazas. As outras 96 prazas foron eliminadas unilateralmente, a través do concurso de traslado. Nunha verba; EXISTEN.

A presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais ante o distanciamento entre as partes, fixa como nova data para CONTINUAR NEGOCIANDO O VINDEIRO 9 DE XANEIRO.

Si a Xunta non cambia a sua actitude na vindeira reunión e continúa mofándose dos traballadores, o día 25 voltaremos a pechar os xulgados.

 NON A DISCRIMINACIÓN LABORAL NA XUSTIZA GALEGA!!! 

PREME NA IMAXE

 
PREME NA IMAXE