“A actitude da Xunta na greve da xustiza é de prepotencia e mentira”

18 de febreiro de 2018

"publicado en sermos galiza"

[Imaxe: Cedida] Pablo Valeiras

As traballadoras e traballadores da xustiza levan en folga desde o 7 de febreiro. Fano cunhas porcentaxes de seguimento que, segundo os sindicatos, chegan ao 90% en toda Galiza. Esta segunda feira, día 19, o comité de folga manterá unha reunión cos responsábeis da Xunta de Galiza. Falamos, ao respeito, con Pablo Valeiras (CUT).
Por que chegades a esta situación?Porque levamos xa anos sendo discriminados especialmente por catro motivos. En primeiro lugar, o tema sanitario, temos descontos en doenzas tan normais como gripe, varicela, sarampelo ou hepatite B, entre outros, mentres que os maxistrados, fiscais, letrados xudiciais… en boa parte das autonomías non teñen descontos. Está tamén a discriminación económica. Na Galiza ocorreu o que non ocorreu noutros territorios do Estado, confiscáronsenos durante catro anos entre 3.500 e 10.000 euros. A maiores, desde 2008, cando foi o último acordo que asinamos, no complemento que se paga por parte da Xunta perdemos unha media de 100 euros mensuais a respeito doutras comunidades autónomas.