Campaña de vixilancia da saúde. Recoñecemento médico anual

27 de febreiro de 2018




O martes 2 de febreiro comezou o período de inscrición da campaña de vixilancia da saúde para o ano 2018, que rematará o vindeiro 15 de marzo.

No DOG 1 febreiro de 2018 publícase a convocatoria para anotarse, de xeito voluntario, aos recoñecementos médicos periódicos.

A inscrición previa debe realizarase a través da sección habilitada na páxina web da Xunta Lembre que deberá incluír todos os datos que figuren no formulario, xa que a falta dalgún deles impedirá a tramitación da solicitude. Rematada a inscrición, obterá un xustificante de consentimento que deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.

O prazo de inscrición remata o 13 de marzo, agás para o persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

prevención de riscos laborais
petición de recoñecemento médico anual


Se por algunha circunstancia ou causa xustificada vostede non pode solicitar correctamente o recoñecemento médico, póñase en contacto co Servizo de Prevención de Riscos Laborais.
A Coruña: 981 184 491
Lugo: 982 294 886
Ourense: 988 386 791
Pontevedra: 986 805 295
Santiago: 981 544 900


Ligazóns relacionadas

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade á campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2018 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia