Nomeamento dos servizos mínimos para as xornadas de folga indefinida

5 de febrero de 2018


O nomeamento dos funcionarios que sean servizos mínimos farase por cada Xefatura Territorial a través do departamento de Persoal.

Os nomeamento realizados serán NOMINATIVOS, a través dun documento que se achegará aos LAJ,  no que constarán as persoas designadas para cada día que han de prestar os servizos mínimos fixados, así como os días que lles correspondan.

Para a efectividade da devandita comunicación será precisa a colaboración dos Letrados Xudiciais de cada órgano xurisdiccional, que serán os encargados realizar a oportuna notificación ao funcionario.