Non se pode ser máis falso: eles mesmos se retratan

1 de febreiro de 2018


A actitude absolutista e ditatorial mostrada pola Xunta de Galicia ( e tendo como cabezas visibles ao Director xeral de función pública como actor principal e ao Director xeral de Xustiza como marioneta súa) abócanos a unha folga indefinida.

 Despois de exercer o seu absolutismo puro e duro, apartando da negociación á Presidenta do Consello de Relacións Laborais, por ser un obstáculo para iso e reflectindo que calquera labor de mediación ten que ser descartada, as medidas ofrecidas na reunión mantida onte co Comité de Folga non poden ser cualificadas doutro xeito que inasumibles. Un cadro comparativo de CAT e un documento no que reflicten as súas propias mentiras: non fan alusión algunha ás cantidades que perdemos durante catro anos nin á perda de dereitos exercida de forma ditatorial, discriminándonos de Maxistrados, Xuíces e Letrados Xudiciais.

ligazón OFERTA XUSTIZA PARA OS TRES CORPOS
ligazón MEDIDAS IMPULSADAS POLA XUNTA E PROPOSTAS AO COMITÉ DE FOLGA