O comité de folga recurrirá os servizos mínimos impostos pola Xunta por abusivos e vulnerar o dereito constitucional

2 de febrero de 2018


A Xunta de Galicia ignora a doutrina do Tribunal Constitucional e a xurisprudencia do Tribunal Supremo, así como a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (sentenza nº 1397/12, de 19 de novembro. O máis grave é que esta misma lexislación anterior foi utilizada pola propia Xunta de Galicia para as anteriores xornadas de folga dos meses de decembro e xaneiro.


Os membros do comité de folga fomos convocados para o día de hoxe, 2 de febreiro, para negociar os servizos mínimos para a folga indefinida dos traballadores da administración de xustiza de Galicia a partires do próximo 7 de febreiro.

Á actitude prepotente, habitual neste conflitos da Xunta de Galicia, agora temos que engadir a inconstitucional, pois vulnera a xurisprudencia establecida polo Tribunal Constitucional, que a propia Xunta de Galicia considerou valida nas 3 anteriores xornadas de Folga.

Non é menos “curioso” que no decreto presentado no día de hoxe ao comité de folga, se manteñan como servizos mínimos esenciais os mesmos que para as tres xornadas de folga precedentes (actuacións urxentes do Rexistro civil, rexistro de asuntos urxentes, actuación con prazo, e xulgado de garda); e, sen embargo, os servizos mínimos alcanzan nalgúns xulgados máis persoal do que realmente existe, como é o caso, como exemplo, de A Fonsagrada, onde o cadro de persoal é de cinco traballadores e a Xunta de Galicia propón seis persoas de servizos mínimos, ou, o caso de Ferrol, onde na oficina de Rexistro e Reparto “obriga” a ir a un auxilio xudicial que nin siquera existe. No resto dos xulgados auméntanse ata o 100%.

Durante todos estes anos de goberno do PP de Núñez Feijoo e Rueda foron constantes as denuncias de todos os sindicatos da administración de Xustiza polo retraso de ata catro meses na contratación para cubrir as baixas e, agora, resulta que o Sr. Rueda pretende vulnerar o dereito constitucional de todo traballador á folga, mantendo uns servizos mínimos abusivos a todas luces.

Ante este conselleiro pirómano non nos queda outro remedio que denunciar ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia os servizos mínimos adoptados pola Xunta de Galicia por abusivos e solicitar a suspensión provisional dos mesmos ata que exista resolución do Tribunal superior de Xustiza de Galicia.

Comunicado do comité de folga

ligazón PROPOSTA DE SERVIZOS MÍNIMOS IMPOSTA E NON NEGOCIADA POLA XUNTA DE GALICIA