Publicación no BOE e no DOG concurso de traslados 2017

8 de febreiro de 2018


"publicado na intranet"

Mañá,  8 de febreiro,  publicarase no BOE e no DOG a Resolución do 08 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola Resolución do 19 de xuño de 2017. 
Segundo a resolución, tanto a TOMA DE POSESIÓN  coma os CESAMENTOS  realizaranse na xefatura ou delegación territorial correspondente ao destino. Por cuestións organizativas: 
  • a formalización da toma de posesión terá lugar entre as 9.00 HORAS e as 11.30 HORAS de luns a venres.
  • a formalización  dos cesamentos entre as 11.30 HORAS  e as 14.00 HORAS de luns a venres.
Á marxe das datas de cesamento fixadas na Resolución (corpo de TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA  o día 12/02/2018, AUXILIO XUDICIAL  e XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA  o día 16/02/2018), no caso de que un funcionario reingresado tome posesión antes das datas indicadas na praza de outro que tamén obtivese destino no concurso, este segundo cesará o mesmo día da toma de posesión do reingresado, empezando a contarlle o seu respectivo prazo posesorio.

No caso de cesar e tomar posesión na mesma localidade ou en distintas localidades dunha mesma provincia, ambas formalizacións poderanse facer o día da toma de posesión sendo a data de formalización do cesamento a que corresponda de acordo coa Resolución de adxudicación.

Co fin de axilizar a tramitación das altas e baixas, relacionamos a documentación que as xefaturas ou delegacións territoriais precisan para abrir ou completar os expedientes persoais das persoas que tomen posesión dun novo posto*.

1. Persoal procedente de fóra da comunidade:
  • Fotocopia DNI Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios).
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria (únicamente para ingresos posteriores a 01/01/2011) e/o tarxeta de MUGEJU. 
  • Certificado de haberes.
  • Certificado ou copia dos trienios.
  • Certificación das vacacións e días gozados na Administración da que procedan Modelo 145 (IRPF). 
2. Persoal destinado na comunidade:
  • Fotocopia DNI.
  • Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios). 
Para o caso dos cesamentos do persoal que obteña novo destino fóra da CCAA de Galicia, no momento de formalización do cesamento deberán facer entrega da tarxeta de identificación persoal e control horario, asinando o impreso acreditativo de tal circunstancia.

No caso de non ter que formalizar cesamento algún por reingresar fóra da comunidade nun corpo distinto do que estaba a prestar servizos, a tarxeta será entregada presencialmente ou por correo postal, ao correspondente servizo de xustiza.

ligazón DOG 8 2 2018
ligazón á ORDE BOE 8 2 2018
Ligazón PAÍS VASCO CONCURSO 2017
ligazón CATALUÑA CONCURSO 2017
ligazón GALICIA CONCURSO 2017
ligazón ANDALUCIA CONCURSO 2017
ligazón ASTURIAS CONCURSO 2017
ligazón CANTABRIA CONCURSO 2017
ligazón La Rioja CONCURSO 2017
ligazón COMUNIDAD VALENCIANA CONCURSO 2017
ligazón CANARIAS CONCURSO 2017
ligazón NAVARRA CONCURSO 2017
ligazón MADRID CONCURSO 2017