A eternidade da xustiza galega

20 de marzo de 2018


"publicado en galicia confidencial"

Resultado de imagen de folga xustiza


A última oferta do Goberno galego foi de 135 euros máis ao mes para os forenses, 133 para os xestores, 108 para os tramitadores e 105 para os corpos de auxilio. 
Os sindicatos manteñen a súa petición de 190 euros, negan acordos noutros puntos e non descartan tomar máis "medidas de presión".

O conflito na Xustiza galega eternízase e atópase nun camiño sen saída, logo de case un mes e medio de paro. A Xunta deu este luns por rotas as negociacións cos sindicatos de Xustiza despois de trasladar ao comité de folga unha nova suba salarial, neste caso non lineal e por corpos. En concreto, 135 euros ao mes para os forenses, 133 para os xestores, 108 para os tramitadores e 105 para os de auxilio. O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, destacou que esta oferta, unida ao incremento acordado polo Ministerio de Facenda nas pasadas semanas, representaría unha alza de "máis do 14%" nos soldos dos empregados públicos do sector.