A vida de Feijoo na 4ª dimensión: “O 70% dos traballadores da Xustiza está de acordo coa proposta da Xunta”

22 de marzo de 2018

"Agardemos que agora os sindicatos entendan a mensaxe dos seus traballadores que queren un acordo e non un conflito”, dixo. 

“O 70% dos traballadores da Xustiza está de acordo coa proposta da Xunta”. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, amosouse exhultante este xoves, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, logo de coñecer que nas consultas organizadas polos sindicatos, a maior parte do funcionariado amosouse a favor de rebaixar os 190 euros que se tiñan marcado como tope nas negociacións co Goberno galego.

Ligazón á noticia - Galicia Confidencial