Fin da negociación en San Caetano: declaración aos medios de Manuel Tejada

20 de marzo de 2018

Ao rematar a reunión tan só puidemos grava-as declaracións do presidente do Comité de Folga Manuel Tejada.

Os "negociadores" da Xunta de Galicia, ao ver que pola mañá os sindicatos lles gravamos as súas declaracións decidiron non facer declaracións no vestíbulo, e convocaron ás agochadas aos medios de prensa na sala de prensa do 3º andar do edificio de Xunta en San Caetano.

Descoñecemos os motivos que os levaron a tomar esta decisión, pero é unha mostra máis do desprecio co que tratan a todos os traballadores e traballadoras da administración de Xustiza.