Guerra de cifras sobre a folga na Xustiza

1 de marzo de 2018



"publicado en galicia confidencial"




Guerra de cifras sobre a folga na Xustiza: “Sabemos cantos van porque lle pagamos a nómina”, di Feijóo

Resultado de imagen de bandera blancaA Xunta admite que hai colapso pero reduce a participación ao 38% dos funcionarios. Feijóo volve a atacar aos sindicatos, aos partidos da oposición por "politizar o conflito" e acusa aos funcionarios de prexudicar aos cidadáns. Con todo, pídelle unha “tregua” para que abandonen a folga e negocien con Alfonso Rueda.

“A Xunta é moi consciente de cantos traballadores participan nos paros cada día porque lles teñen que pagar as nóminas. E no último mes cobraron a nómina por completo máis do 60 por cento dos traballadores fronte a un 37 ou 38 por cento que sufriron os descontos e que son os que van á folga". Deste xeito, co control das nóminas, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixo que saben perfectamente quen fai folga e quen non na Xustiza.