Sindicatos de xustiza avisan á Xunta que non aceptan "chantaxes" nin votarán unha proposta "indigna"

28 de marzo de 2018

"publicado en galicia confidencial"

Xulgado baleiro na primeira folga da xustiza en Galicia

Varios representantes de sindicatos integrados no comité de folga, censuraron con dureza a instrución da Xunta dirixida á secretaria do Goberno do Tribunal Superior. Esa instrución será para "aclarar" os servizos mínimos, que interpretan como "unha coacción" e "un ataque á independencia xudicial".

"A patronal é a Xunta, non pode tratar de enzoufar aos letrados da Administración de xustiza", declarou un dos sindicalistas. O mesmo sindicalista lembrou que os servizos mínimos "fixounos a propia Xunta" e ironizou con que 50 días despois "se lembre de aclaralos".

Outro representante dos traballadores apuntou que dita instrución "non está formalmente publicada en ningún lado". Así o comité está a estudar que pasos dar, tendo en conta que "non se pode recorrer o que non existe".