A Xunta contra tod@s: tamén responde "non" ao consello da Avogacía

2 de abril de 2018

"publicado en galicia confidencial"

Miembros del Consello da Avogacía
Membros do consello da avogacía
A Xunta advirte aos sindicatos de xustiza que non fai falta mediación senón que "reflexionen" sobre a súa proposta.

A Xunta "comparte a preocupación" pola situación dos xulgados galegos a consecuencia da folga dos funcionarios da Administración de xustiza da comunidade que, desde que se iniciou con carácter indefinido o pasado 7 de febreiro, "está a provocar innumerables prexuízos aos cidadáns". Iso si, non ve necesaria mediación, senón que os sindicatos "reflexionen" sobre a súa proposta.