A Xunta rexeita reunirse co persoal de Xustiza en folga tras case tres semanas sen facelo

13 de abril de 2018


"publicado en prensa"


A policía desaloxa unha delegada sindical de San Caetano
Delegada de AXG-CUT expulsada de San Caetano


Cando se cumpren xa dous meses e unha semana de folga e a piques de se cumprir tres semanas sen xuntanza ningunha entre Xunta e persoal, o Goberno galego decidiu non acudir á convocatoria prevista para este venres. A Administración advertiu de que non subiría a súa última oferta económica (un incremento de 133, 108 e 105 euros ao mes segundo a categoría) e os sindicatos responderon avisando que a única intención da cita debía ser a de que o Executivo explicase o presunto aumento de 300 euros ao mes ao que aludiu en varias ocasións o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.


Desde o sindicato Alternativas da Xustiza-CUT, aseguran ademais que o Goberno galego “non só non compareceu senón que utilizou a policía para botar fóra” os seus delegados, que foron os únicos que conseguiron entrar en San Caetano.

Ligazón á noticia - Praza Pública

Impiden o acceso dos membros do comité de folga da Xustiza á sede da Xunta

La Xunta da plantón al comité de huelga de Justicia