Carta dun compañero

18 de abril de 2018

Con esta carta quero expresar o meu recoñecemento polo seu mérito, esforzo e traballo ós compañeir@s que dende fai mais de dous meses pintaron de azul moitas rúas e prazas das principales ciudades de Galicia.Eso que en pouco tempo acabaría converténdose nunha verdadeira “marea azul” e que non tiña outro horizonte que pedir “igualdade e xustiza” para todos nós. A verdade e que non nos foi doado, pois estivemos sempre solos, sin apoio de ningún tipo, pero quedounos moi claro que contra a unidade non se pode facer nada. Ao igual que moitos de vos, cheguei mais dun día a casa só, triste e mollado despois das manifestacións, pensando que tal vez todo o que estabamos a facer non serviría para nada; pensando que cada vez íbamos a ser menos, que quedaríamos so catro e todo se iría o traste; pero o día seguinte levantábame e pensaba que so me quedaba seguir loitando por aquello no que creo e alá me iba outra vez a apoiar outra manifestación; eso dábame mais forza ó ver que estábamos máis si cabe que o día anterior e era un soplo de oxíxeno para seguir loitanto. So o tempo nos dará a razón e os atrancos foron moitos, pero con compañerismo e con coraxe aquí estamos.



Decirvos que somos e seremos durante moito tempo a envidia de moitos outros colectivos por formar parte dunha das folgas mais longas na administración; para min e un honor, un orgullo como membro do voso grupo, -seguro que igual que a moitos de vos-, que me den a enhoraboa pola calle compañeiros e veciños, na prisión, nos hospitais, na Xunta,..., pola unidade e entereza que temos todos despois de tampo tempo loitanto contra unha administración prepotente que xa non e só que non nos escoite, senón que ainda porriba nos humille. Atacaron o noso “Piolín”, eso sí, o noso de cor azul, con todo tipo de artiluxios: mínimos que non se entenden, incrementos non liniais, machaque total nas nóminas, interpretacións subxetivas en cada oficina do que era ou non o servicio mínimo e incluso intentando utilizar ós letrados como “verdugos” para amenazarnos coa apertura de expedientes disciplinarios, ¡¡ata eso chegaron!! Pero como todos sabemos, non lles funcionou; alí donde abrían unha brecha estábamos e estaremos todos para tapala.

Dame vergonza pensar que temos no Goberno de España un presidente galego; tamén que a Xunta esté gobernada por membros do mesmo partido do PP; parece que disfrutan con que os galegos esteamos sempre na cola no disfrute dos dereitos e prestacións, pero que non se preocupen que tomaremos ben nota delo.

Pois ben, podo decirvos que o enxame da xustiza non a forman so as reinas, senón tamen as obreras, esas obreras azuis que un día chegaron para demostrarlle ós prepotentes que sin elas a xustiza non funciona neste país, que teñen tamén que contar con nós porque somos moitos, fortes e seguiremos unidos ata o fin.

Tamén teño que recordar a determinados colectivos que como partícipes dun deses tres poderes do estado secuestrado pola Xunta dende o 7 de febrero, ós que lles afectaba a folga tanto coma a nós, decidiron dende o principio ser “complices silenciosos” da nosa agonía que non daba chegado e mirar desde a ventana para ver o que pasaba; a eses decirlles que non lles pedíamos que nos apoiaran -non o necesitábamos- , que non nos deran a razón, porque estabamos e estamos seguros de que a temos; -pensó que despois de vintedous anos ignorados, traballando na xustiza só pedimos eso: xustiza e igualdade-; só lles pedíamos alguna nota, algún escrito que instara a mediación para que todo acabara canto antes, ¡¡e nin eso fixeron!!. Preferiron estar escondidos como ratas de alcantarilla esperando a ver pasar os días e meses, sacando o final e cando todo o pescado está xa casi vendido e o todo o mal causado, unha nota que foi moi ben contestada por alguna compañeria fai uns días coa expresión de “¡¡tarde piaron!!”, e con moita razón.

Tampouco non me poido olvidar do “bulldog” co que contou e conta esa administración “dialogante e conciliadora” para despretixiarnos e humillarnos: a prensa. Esa prensa a que cada ano lle dan unha pila de miles de euros xustificados como “publicidade institucional” para que fale ben deles e que día a día lles faga un lavado de cara que boa falta lles fai. Pese a que toda información debe ser clara, veraz e, sobre todo, obxetiva como sabemos os que tivemos a sorte de estudiar dereito, se fixo todo o contrario: tergiversarsala e retorcela ata a saciedade para manipular a opinión dos cidadáns sempre en contra nosa (que nos van subir un 14% cando os xubilados lles subiron so un 0`25, que a suba era de 300 euros por funcionario, que os cartos veñen dos galegos, ...). Penso que a ninguén convenceron pois a maioría da xente, e sobre todo despois de haber visto o Sr. Feijoo no programa de “Salvados”, sabe perfectamente a capacidade que teñen para mentir.

Teño que mencionar tamén ós nosos representantes sindicais e ó comité de folga, a eses que sin eles esta loita non existiría. A eses que con pancartas e magáfonos acabaron incluso afónicos de tanto berrar. A eses que tanto tempo e viaxes lles dedicaron a este conflicto. Pese a algún percance puntual que surxiu o longo do tempo, pois case todos eramos e somos aprendices neste tipo de batallas, darvos as grazas por estar e seguir unidos, transmitindo esa unidade ó colectivo e ata que todo remate a poder ser cun final feliz para todos.

Por último tamén debo recordar a eses que só se saben aproveitar daquelo polo que outros loitaron; a eses que á hora dos recontos baixaban a cabeza; a eses que lles gusta encontralo todo feito e gratis; a eses decirlles que os membros desa “marea azul” que recorreu as calles e plazas de Galicia utilizando como únicas armas unha camiseta azul e o brazo levantado pedindo xustiza e igualdade, que renunciaron ós seus dereitos e ao seu soldo para conseguilos obxectivos, todo o pediron tamén para eles; penso que deberían ler algún libro de historia para recordar que se non fora polo esforzo, loita e sacrificio que fixeron no século pasado os seus pais, avós e bisavós –por certo, nunhas condicións moito mais difíciles cas nosas- seguramente hoxe non poderían disfrutar dun salario digno, vacacións, pagas extra, etc., e que tal vez estarían traballando doce ou quince horas o día como en Bangladesh.

Para rematar decirvos que na vida non so hai que pensar nos cartos; hai outras moitas cousas, despois da saúde, que son incluso mais importantes: a dignidade e o orgullo como persoas, a amizade, o compañerismo, a unidade que nos tivo e nos ten unidos dende o principio valen moito mais. Hai cousas que só pasan unha vez na vida e logo non vale arrepentirse por non haber participado nelas; esa loita vai quedar para sempre grabada nos nosos corazóns e por eso digo que algúns non saben o que se perderon. Quédanos aínda por celebrar o fin do conflicto, os abrazos, a firma das camisetas e todo aquello que entre todos acordemos e do que sí que estou seguro que nunca, nunca, nunca nos vamos olvidar.

Un forte abrazo a todos.


Preme para ampliar

Preme para ampliar