Enquístase a folga do funcionariado de xustiza

14 de abril de 2018

"publicado en el salto diario"


Protesta en Madrid

A folga de funcionarios da xustiza en Galiza alóngase. Os sindicatos presentaron unha solicitude para retomar as negociacións interrompidas, pero seguen sen resposta da Xunta. A última xuntanza foi o 26 de marzo.

O conflito comezou o 3 de outubro. O Comité sindical presentou entón un informe denunciando, por un lado, unha situación de inferior retribución económica con respecto a outras comunidades a pesar de seren funcionarios do Estado e, polo outro, un cadro de persoal insuficiente para atender as demandas. As negociacións avanzaron ata que a Xunta cambiou aos interlocutores a mediados de xaneiro. A folga comezou o 7 de febreiro. E ata hoxe.