O persoal de Xustiza vota 'non' ao preacordo da Xunta con catro sindicatos para pór fin á folga

27 de abril de 2018

"publicado en praza pública"


Sorpresa. O persoal de Xustiza rexeitou o polémico preacordo ao que chegara a Xunta con catro dos tres sindicatos con representación no comité de folga para poñer fin ao conflito e a 80 días de paro indefinido que provocaron a suspensión duns 22.000 xuízos. Cando o Goberno galego --e mesmo os traballadores-- daban por feito que o si vencería na consulta e que o funcionariado aceptaría a proposta da Administración, o reconto finalizou nun inesperado resultado.