A resposta da Xunta de Galicia ao diálogo

2 de maio de 2018

Esta mañá a Xunta de Galicia impediu a entrada á EGAP dos delegados sindicais que solicitaran  reunirse coa administración para desbloquear a negociación da folga indefinida que empezou o día 7 de febreiro: 85 días.

Un amplio dispositivo policial bloqueaba o acceso á EGAP a todas as persoas que ían participar na reunión e aos que os acompañaban.