Cinco sindicalistas declararán como investigados por presuntas coaccións na folga da Xustiza

22 de xuño de 2018

"publicado en prensa"


actualizado: 9:00 horas

Varios dos sindicalistas denunciados, con Villares e Bará


Cinco delegados sindicais da Administración da Xustiza en Galicia están a ser investigados e terán que declarar ante a Fiscalía e ante un xulgado de instrución por un presunto delito de coaccións tras diferentes mobilizacións e actos de protesta levados a cabo durante a folga que mantivo o sector case paralizado máis de tres meses. Son todos eles representantes dos tres sindicatos que nin asinaron o acordo que puxo fin ao paro nin negociaran o preacordo que dera lugar á consulta na que a maioría do funcionariado rexeitara a proposta da Xunta: Alternativas na Xustiza-CUT, STAJ e CIG. E ven nos procesos unha "campaña de persecución contra as centrais que non obedeceron a patronal".



En concreto, no xulgado de instrución número 1 da Coruña investígase a delegada da CIG, Chelo Rodríguez, e o de AXG-CUT, Javier Fernández, a quen se lles abrira un expediente disciplinario por parte da Dirección Xeral de Xustiza agora en suspenso logo de abrírselles tamén dilixencias previas tras a súa participación nun piquete informativo.

Cinco sindicalistas declararán como investigados por presuntas coaccións na folga da Xustiza

Sindicalistas investigados por la huelga de la Justicia acusan a la Xunta de estar detrás de las denunciasLigazón á noticia - GaliciaPress

Sindicalistas de Xustiza da CUT, CIG e STAJ denuncian represión sindicalLigazón á noticia - Galicia Confidencial

Sindicalistas de CUT, CIG e STAJ terán que declarar por coaccións, o que asocian á represión sindicalLigazón á noticia - Xornal Vigo

Sindicalistas de CUT, CIG y STAJ declararán en Fiscalía y un juzgado por coacciones, lo que asocian a represión sindical
Ligazón á noticia - La Vanguardia

La Fiscalía abre diligencias contra cinco sindicalistas judiciales por coacciones