O sindicato Alternativas na Xustiza-CUT denuncia a mala situación do Xulgado de Paz de Narón

5 de xuño de 2018

"publicado en prensa"


actualizado: 10:30 horas


O sindicato Alternativas na Xustiza-CUT denuncia a mala situación do Xulgado de Paz de Narón. Nun comunicado sinala que “Con data 28 de marzo de 2018 a prensa publicou que o concello de Narón dispón para este ano dun remanente de libre disposición de 10,7 millóns de euros​. No pleno mantido nesa data deu conta en pleno de un remanente de libre disposición de 10.704.037 euros – con cargo ao superávit de 4,5 millóns de euros do ano 2017 e dos case 6,2 millóns de euros de remanente-.
Desde finais do ano 2016 este sindicato, Alternativas na Xustiza-CUT, ven denunciando a situación na que se atopa o Xulgado de Paz de Narón, concello que ten unha poboación de uns 40.000 habitantes. O xulgado está no primeiro andar do antigo edificio do Concello: neste primeiro andar está o Xulgado de Paz e o Rexistro Civil do Concello. O acceso a este primeiro andar é impracticable para persoas con mobilidade reducida.
As funcionarias que traballan neste xulgado vense obrigadas a baixar á rúa para realizar trámites coma práctica de dilixencias, entrega de notificacións e citacións ou ofrecementos de dereitos e accións, por mor da imposibilidade de acceso ao propio Xulgado.

Ligazón á noticia completa - galicia Ártabra digital

Reclaman medidas para garantizar la accesibilidad en el juzgado de Narón

Alternativas na Xustiza-CUT pide medidas de accesibilidad en el juzgado de paz de Narón