Un “10” como represores e un “0” como xestores

28 de xuño de 2018

Na mesma semana que os sindicalistas de AXG-CUT e STAJ fomos a declarar ante a Fiscalia, como consecuencia denuncia de pseudosindicato Spj-Uso a Xunta de Galicia, a través do CIXTEC fai unha “desfeita” coas nóminas dos traballadores que estivemos tres meses en folga.

Na última nómina, como era de esperar, aquí por suposto non se equivocan, aplícanlle os descontos a aqueles compañeir@s que fixeron folga no mes de maio.


A “sorpresa” é en canto ao rateo dos descontos dos días pendentes (aplicación da Cláusula 9ª do Acordo). Este rateo faise sen ningún criterio pois hai compañeir@s que aínda que solicitaron que non se lles aplicase tamén llo aplican.

A retroactividade dende o 1 de maio de 2018 na subida do CAT que foi anunciada polos pseudosindicatos que negociaron ás costas dos traballadore (spj-uso, ugt, cc.oo) é como o xogo do “pito-pito- gorgorito, tocoulle a quen lle tocou, a uns sí e a outros non. 

Os que fan as nóminas deberon facer un máster en Economía Aplicada con Pablo Casado en Aravaca.

En fin, temos darlle as grazas aos “tres pseudoSindicatos” e pedirlle explicacións aos argalladores deste despropósito e dos lamentables plans de actuación.